Dourdil, Luís
Dourdil, Luís
Pintor portugués. De formación autodidacta, a súa obra caracterizouse pola aproximación á abstracción poscubista, pola evocación da figura humana e pola experimentación cromática. Entre os murais que realizou destaca o do Café Império de Lisboa. Recibiu, entre outros, o Prémio de Desenho da Casa de Imprensa (1965) e o Primeiro Prémio de Pintura do Ministério da Cultura (1984). A súa obra está presente no Centro de Arte Moderna da Fundação Gulbenkian.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Coimbra -
Deceso