Dragóns asiáticos
Dragóns asiáticos
Expresión que se aplica conxuntamente aos países do sueste asiático que, partindo dunha economía tradicional, rexida por estruturas feudais en moitos casos, se incorporaron no último terzo do s XX á industrialización e sobresaíron polas súas elevadísimas taxas de crecemento económico; estas baséanse, fundamentalmente, na competitividade das súas exportacións, debida, en gran parte, a uns custos salariais moi reducidos. Nun primeiro momento denominouse así a República de Corea, Singapur, Taiwán e Hong Kong. Considéranse unha segunda xeración: Tailandia, Malaisia, Indonesia e Filipinas. Como denominación destes países tamén se empregan as expresións tigres asíaticos e samurais asiáticos.