Dred Scott, asunto

Dred Scott, asunto

Problema xurdido en 1857 a causa da decisión do Tribunal Supremo dos EE UU que estableceu que un escravo non deixaba de selo polo feito de que residise nun estado non escravista. O acordo afectoulle ao escravo negro Dred Scott, que fora trasladado polo seu amo a Illinois e Minnesota, onde non existía a escravitude.

Palabras veciñas

Drayton, Michael | Drda, Jan | Dream Team | Dred Scott, asunto | Dredd, xuíz | Drees, Willem | Dreiding, modelo de