Dreier, Katherine Sophie

Dreier, Katherine Sophie

Pintora e promotora de arte. Formouse no Brooklyn Art School e no Prat Institute. En 1920 fundou con M. Duchamp e M. Ray a Societé Anonyme dedicada á promoción da arte moderna. Promoveu publicacións, conferencias e exhibicións, entre as que destaca a International Exhibition of Modern Art no Brooklyn Museum (1926). En 1941 doou a súa colección de arte á Yale University. Entre os seus escritos destaca Western art and the new era; an introdution to modern art (Arte occidental e nova era; unha introdución á arte moderna, 1923).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : Milford, Connecticut