Dreyfus, caso

Dreyfus, caso

Asunto iniciado no outono de 1894 ao descubrir o estado maior francés unha carta anónima que prometía o traspaso de información militar secreta aos alemáns. O capitán de ascendencia xudía Alfred Dreyfus foi acusado por este feito de alta traizón, sometido a consello de guerra e deportado á Île du Diable (Cayenne). En maio de 1896 descubriuse unha nova carta coa mesma caligrafía ca a primeira, escrita por Marie Charles Ferdinand Walsin Esterházy, un oficial de orixe húngara, que foi xulgado e absolto en xaneiro de 1898. Georges Clemenceau esixiu unha revisión do proceso a través do xornal L’Aurore, no que Émile Zola publicou unha carta aberta ao presidente da República (J’accuse, 13.1.1898), que lle deu unha importante resonancia á idea da revisión do proceso, pero que tivo como consecuencia o procesamento de Zola. O país dividiuse politicamente nunha dereita antidreyfusista, nacionalista e antisemita, e nunha esquerda, liderada por Clemenceau, partidaria dunha nova República. A rehabilitación total de Dreyfus e a condena de Esterházy non se produciu ata 1906, despois do triunfo electoral dos radical-socialistas.

Palabras veciñas

Dreyer, Johan Louis Emil | Dreyer, Max | Dreyfus, Alfred | Dreyfus, caso | dríada | dríade | dribbling*