dríade

dríade

(

s f [MIT]

Ninfa dos bosques e protectora das árbores, especialmente das aciñeiras. Personifica a forza vexetativa e representa o culto primitivo da natureza. É de gran beleza e intelixencia; fala varias linguas e pode comunicarse con case todos os seres do bosque. Fisicamente, ten uns trazos semellantes aos das doncelas elfas. Ten os ollos de cor violeta ou verde oscuro, e o seu cabelo e pel mudan de cor co cambio de estacións, así pode camuflarse facilmente entre a vexetación. A diferenza das hamadríades, unidas de por vida a unha árbore, pode correr ao redor das aciñeiras e casar cun mortal. Malia non ter un carácter agresivo, se é atacada pode lanzar un conxuro de defensa para enmeigar as persoas. Na iconografía represéntase como unha bela doncela, co corpo con forma de arabesco, imitando o tronco dunha árbore.

Palabras veciñas

Dreyfus, Alfred | Dreyfus, caso | dríada | dríade | dribbling* | driblar | drible