Dromiceiomimus
Dromiceiomimus
[PALEONT]
Xénero de dinosauros, da familia dos ornitomímidos, de ata 3,5 m de lonxitude. Presentaba as extremidades inferiores moi longas e esveltas, co cerebro e os ollos de gran tamaño. Eran animais veloces e intelixentes, que cazaban na penumbra dos densos bosques da actual Norteamérica, a finais do Cretáceo.