Drowning by Numbers

Drowning by Numbers
Nome científico: [Conspiración de mulleres]
[IMAX]

Produción cinematográfica británica realizada en 1988. Foi dirixida por Peter Greenaway e interpretada por Bernard Hill, Joan Plowrigth, Juliet Stevenson, Jolly Richardson e Jason Edwards, entre outros. É a historia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia que afogan os seus maridos. O xuíz non culpa a ningunha porque mantén relacións con algunhas delas, sen saber que con iso se vai converter na cuarta víctima. Este é un dos filmes máis visuais de Greenaway e destaca pola simetría, as referencias pitóricas, o barroquismo e as formas xeométricas e arquitectónicas.