Du Fu
Du Fu
Poeta chinés. Procedente dunha familia de letrados, deuse a coñecer como poeta con obras que cantan a beleza da natureza e se lamentan do paso do tempo. Está considerado un dos máis grandes poetas da lingua chinesa debido ao seu coñecemento da tradición literaria e ao dominio dos xéneros poéticos e do lü shi (‘verso regulado’). Da súa obra, de temática moi diversa, destaca Cancións dos carros de combate e Bela muller.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Xiangyang