Du Ry

Du Ry

Familia de arquitectos alemáns de orixe francesa. Charles du Ry , activo entre 1611 e 1636, e o seu fillo Mathurin du Ry , activo en 1639, foron os seus primeiros membros. Paul du Ry (1640-1714), fillo de Mathurin, era hugonote e abandonou Francia en 1685. Instalouse en Kassel onde se converteu en oberbaumeister. Entre outras obras, realizou o Oberneustadt. O seu fillo Charles-Louis du Ry (1692-1757) traballou en Kassel, onde realizou, entre outros edificios, o Militarkasino, que non se conserva. O seu fillo Simon-Louis du Ry (1726-1799), formouse con el e con C. Harleman en Estocolmo e con J. F. Blondel en París. Realizou, entre outras, a Friedrichsplatz e o Fredericianum en Kassel. Moitas das súas obras foron destruídas durante a Segunda Guerra Mundial.