dualista

dualista

(< dualismo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao dualismo.

    Ex: A doutrina dualista foi elaborada a comezos do s XIX.

  2. adx e s

    Que ou quen é partidario do dualismo.

  3. economía dualista [ECON]

    Superposición, nos sistemas económicos subdesenvolvidos, de dúas estruturas produtivas que non teñen entre elas ningún vínculo económico: unha de tipo tradicional, xeralmente de produción agraria de subsistencia, cun sistema de permuta, e outra constituída por un sector industrial moderno en que a maioría das empresas son de propiedade estranxeira, con tecnoloxía moderna e con pouca man de obra autóctona. Estas industrias están dedicadas, normalmente, á primeira transformación dalgunha materia prima do Estado para a exportación.

Palabras veciñas

duala | dualidade | dualismo | dualista | dualístico -ca | Duán | Duancos