Duarte, Gonçalo
Artista plástico. Iniciou a súa formación pictórica na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa (1955-1957). En 1957 recibiu unha bolsa do goberno de Baviera para cursar estudios de gravado na Escola de Belas Artes de Múnic. Con José Escada, René Bertholo e João Vieira formou parte do grupo do Café Gelo, época en que recibiu influencias da obra surrealista de Mário Cesariny. A comezos dos anos sesenta conseguiu unha bolsa de estudios da Fundação Gulbenkian e trasladouse a París, onde foi un dos membros fundadores do Grupo KWY. A súa obra evolucionou desde o surrealismo automatista ata a neofiguración. Na década dos anos setenta retornou á estética surrealista e abordou a temática da grandeza nos mares de Portugal, vista a través dos naufraxios e das batallas navais perdidas (Batalha de Alcácer Quibir, 1973).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso
Lugar : París