Duato, Ignacio
Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Nacho Duato, comezou a súa formación na Rambert School de Londres, posteriormente na Mudra School de M. Béjart de Bruxelas e logo en The Alvin Ailey American Dance Centre de Nova York. No ano 1980 asinou o seu primeiro contrato co Culberg Ballet e en 1981 ingresou na compañía Nederlands Dans Theater, da que foi nomeado en 1988 o seu coreógrafo estable xunto con Hans van Manen e Jirí Kylián. Coa súa primeira coreografía, Jardí Tancat (1983), que musicou Mª del Mar Bonet, acadou o primeiro premio no Internationaler Choreographischer Wettbewerb de Colonia. En 1990 nomeárono director artístico da Compañía Nacional de Danza. As súas coreografías integran o repertorio de numerosas compañías internacionais (Compañía Nacional de Danza, Ballet Gulbenkian, Autralian Ballet, Stuttgart Ballet, Nederlands Dans Theater, etc). Foi galardoado co VSCD Gouden Dansprijs (1987), coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1998) e co Premio Benois de la Danse (2000), por Multiplicidad. Formas de silencio y Vacío (1999). Ademais foi distinguido como Cabaleiro de Honra da Orde das Artes e das Letras (1995), concedido pola embaixada de Francia en España.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : València