Ducio di Buoninsegna
Pintor italiano. Membro máis destacado da escola de Siena, formouse baixo a influencia bizantina, aínda que iniciou o estilo italogótico ao suavizar a liña e os canons bizantinos e ao potenciar o colorido. Das súas primeiras obras só se conserva a Madonna di Crevale, datada antes de 1285. Realizou para Santa Maria Novella (Florencia) a Madonna Rucellai (1285), na que introduciu, entre outros aspectos góticos, a orla dourada nos mantos. Entre 1308 e 1311 realizou para a catedral de Siena un retablo de dúas caras: na frontal represéntase a Maestà, rodeada de anxos e santos; e na cara posterior, escenas da Paixón. Na súa orixe estaba composto por unha predela, na que narrou escenas da infancia e da vida pública de Cristo, e unha crestería na que representou feitos da vida da Virxe e de Cristo resucitado. Entre outras obras, realizou os debuxos para as vidreiras da catedral de Siena (1288).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Siena -
Deceso