Ducha, La
Ducha, La
Semanario de tendencia conservadora editado na Coruña a partir do 24 de xaneiro de 1897. Dirixido por Xoán Cadaviero, contaba con Xoaquín Sánchez Fernández na administración. Saía os domingos e imprimíase nos obradoiros tipográficos de La Gutenberg. Ademais de prestar unha atención especial aos comentarios locais e provinciais, incluía numerosos artigos onde se defendían as teses políticas de Cánovas del Castillo. No apartado literario, inseríronse poemas en castelán, a maior parte deles satíricos e algúns deles escritos por Xoán da Coba Gómez, e o texto “Un drama en coplas (cuento... que puede ser verdad)”, asinado por Mendelhson, con coplas en galego.