Duchamp, Raymond
Duchamp, Raymond
Escultor francés, irmán de Gaston, Marcel e Suzanne Duchamp. Coñecido como Duchamp-Villon, en 1898 abandonou os estudios de medicina para dedicarse á escultura. Influenciado polo modernismo e polo naturalismo de Rodin, a súa obra evolucionou cara a unha síntese entre cubismo e futurismo. Participou no Salon d’Automne de 1912 co deseño dunha casa cubista. Entre as súas obras destacan Torse de femme (Torso de muller, 1907), Tête de Baudelaire (Cabeza de Baudelaire, 1911), Maggy (1912), Amants (Amantes, 1913) e Cheval (Cabalo, 1914).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Damville, Eure -
Deceso
Lugar : Cannes