Duchenne, Guillaume Benjamin

Duchenne, Guillaume Benjamin

Médico francés. Considerado como o fundador da moderna neuroloxía, investigou a aplicación de métodos eléctricos para establecer a diagnose e a terapia das doenzas musculares e nerviosas. É autor de L’électrisation localisée (A electricidade localizada, 1855), Mécanisme de la physiognomie humaine (Mecanismo da fisionomía humana, 1862) e Physiologie des mouvements (Fisioloxía dos movementos, 1867).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Boulogne

  • Deceso

    Lugar : Mer

  • Deceso

    Lugar : París