Duende, El

Duende, El

Publicación editada na Coruña en 1886 e subtitulada “Semanario satírico; defensor de las clases produtoras; utile et dulces”. Dirixida por Baldomero Nache Cobas, contou con diversos colaboradores que asinaban con pseudónimos como El Duende, Pepe, Mercurios, San Hermógenes, Fausto, Ernesto Noboa ou J. Soldado. Imprimiuse inicialmente nos obradoiros tipográficos da papelería de Ferrer, para logo pasar a editarse en La Gutenberg. Dividiuse nas seccións “Trasnadas”, “Potpurri”, “Buenos días”, “Espectáculos” e “Anuncios”.