Dufay, Guillaume

Dufay, Guillaume

Compositor franco-flamengo. Foi cantor do coro da catedral de Cambrai e posteriormente do coro papal en Roma (1428). Caracterízase por unha refinada e elegante técnica da variación. Nas súas misas tendeu a unha unificación mediante o uso do cantus firmus, como apoio temático das partes litúrxicas. Empregou o falso bordón. Da súa produción destacan as misas (L’homme armé, Ave regina celorum), motetes (Nuper rosarum flores), himnos, antífonas e cancións profanas.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Cambrai