Dufy, Raoul
Pintor, gravador, deseñador e artista gráfico francés. Formouse na École des Beaux-Arts de Le Havre e na École Nationale Supérieure des Beaux-Arts de París. Dende 1901 expuxo no Salon e dende 1903 no Salon des Indépendants. As súas primeiras obras foron impresionistas, pero despois de descubrir a Matisse, adoptou o fauvismo en 1905. En 1908 traballou con Braque en L’Estaque. As súas obras caracterizáronse polo trazo seguro, onde a cor viva non se axusta sempre aos contornos do debuxo. Cultivou as temáticas da paisaxe, as carreiras de cabalos (1921-1930), o espido (1928-1940) e a música a partir de 1942. Utilizou todas as técnicas e medios de expresión: deseño de tecidos e tapices (1910), decorados e vestiarios (1926), cerámica e murais, entre os que destacan os do pavillón da electricidade na exposición internacional de París de 1937. Realizou, entre outras, as ilustracións de Le Béstiaire (Bestiario, 1910), de G. Apollinare.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Le Havre -
Deceso
Lugar : Forcalquier