Dukas, Paul Abraham

Dukas, Paul Abraham

Compositor. Estudiou con E. Guiraud e T. Dubois no Conservatorio de París e, posteriormente, foi profesor de orquestración e composición, e crítico musical. Influenciado por Franck e Beethoven, editou a Rameau, Scarlatti, Couperin e Beethoven. Da súa produción destaca a obertura Polyeute (1891), o scherzo sinfónico L’apprenti sorcier (O aprendiz de bruxo, 1897), o ballet La péri (1912), a ópera Ariane et Barbe-Bleue (Ariana e Barba azul, 1907) e as pezas para piano Sonata en mi bemol menor e Variations, interlude et final sur un thème de Rameau. En 1948 publicouse unha escolma dos seus artigos de crítica musical.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso