Dulbecco, Renato

Dulbecco, Renato

Científico italiano. Estudiou medicina na Universidade de Turín, onde se doutorou en 1936. Realizou o seu labor de investigación no California Institute of Technology (1949), no Salk Institute (1962) e no Imperial Cancer Research Fund (1972). En 1975 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, xunto cos seus discípulos H. Temin e D. Baltimore, polos seus traballos sobre a xenética dos virus animais e dos virus oncóxenos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Catanzaro, Calabria