Dulles, John Foster

Dulles, John Foster

Avogado e político. Foi xurista financeiro en Nova York e asesor da fundación Rockefeller. En 1919 formou parte da delegación americana da Conferencia de Paz de París e, trala Segunda Guerra Mundial, participou nas conferencias internacionais de posguerra (San Francisco, Moscova). En 1951, como conselleiro de Estado, dirixiu as negociacións para a sinatura do tratado de paz entre EE UU e Xapón. Nomeado secretario de Estado por Eisenhower (1953-1959), desenvolveu unha política anticomunista.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Washington

  • Deceso