dumbshow*

dumbshow*
s m [ESPECT]

Espectáculo de mimo que se intercala nas obras de teatro como anticipación ou resumo das escenas faladas, que constitúen a acción principal. Foi un recurso dramático frecuente na época Tudor inglesa. Empregouse, por exemplo, en Gorboduc (1561), de Thomas Sackville e Thomas Norton. Desde 1630 perdeu popularidade e rexurdiu máis adiante baixo a forma da pantomima.