Dundee
Dundee
Capital da rexión de Tayside, Escocia, no Reino Unido, situada na marxe esquerda do río Tay (148.900 h [1997]). É un destacado centro comercial e núcleo industrial, onde sobresaen a construción naval, a industria metalúrxica e o sector téxtil. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o conxunto da City Church, formado polas igrexas de Saint Mary, Saint Paul e Saint Clemens.