dúplex
(
-
-
adx
Que constan de dous elementos que desempeñan unha dobre función.
-
adx e s
m
Aplícase á vivenda que consta de dous niveis, que se comunican por unha escaleira interior, un para a zona de día, co comedor, a cociña e o vestíbulo, e outro para dormitorios. Intégranse con outras unidades similares nun bloque ou edificio. Foi unha creación dos arquitectos racionalistas (Le Corbusier, J. L. Sert).
-
adx e s
m
[COMUN]
Aplícase ao sistema de comunicación que consiste na transmisión e na recepción de información simultánea a través dunha soa canle.
-
adx
-
s
m
[XEOL]
Conxunto de placas tectónicas superpostas, contidas entre dous planos de encabalgamento.
-
fosa dúplex
[IND]
Procedemento de coada que permite obter un lingote dobre en que as dúas partes non teñen a mesma composición. Primeiro, hai que facer unha coada nunha lingoteira especial, despois, cando xa se solidificou, cóase, en contacto co primeiro lingote, a segunda composición. O produto que se obtén lamínase e cóase coma un lingote ordinario.
-
proceso dúplex
[IND]
Procedemento que consiste en fundir un metal nun forno e despois pasalo a outro, onde se afina e se lle engaden as adicións de complemento ou de corrección. Permite aproveitar as calidades dos dous tipos de forno utilizados. Nas fábricas de aceiro é frecuente a asociación dun convertedor Bessemer e un forno Siemens-Martin. Tamén se utiliza a combinación dun convertedor Thomas e un forno eléctrico acedo.