duplicación

duplicación

(< duplicatĭōne)

  1. s f

    Acción de duplicar ou duplicarse.

  2. s f [XEN]

    Aberración cromosómica, que consiste na repetición dun segmento cromosómico unha vez ou máis, que se produce como resultado dun entrecruzamento desigual durante a meiose. É un fenómeno corrente e ten un papel importante como mecanismo evolutivo. Nalgúns casos, os xenes duplicados codifican proteínas que conservan funcións similares, mentres que noutros evolucionan en distintas direccións funcionais.

  3. s f [LIT]

    Figura estilística que consiste na reiteración de morfemas ou frases mediante xustaposición. Por exemplo, a repetición dun imperativo reafirma a firmeza dunha decisión e a duplicación dun adxectivo implica valor de superlativo. Na narrativa, refírese á repetición de accións.

  4. s f [COMUN]

    Número total de persoas que forman parte da audiencia dos medios ou soportes de comunicación ao mesmo tempo. Avalía a porcentaxe de individuos que están expostos a varias mensaxes publicitarias.

  5. duplicación do cubo [MAT]

    Problema proposto polos matemáticos gregos do s VI a C que consistía en construír, con regra e compás, o lado dun cubo C a partir do lado dun cubo dado C’, de tal xeito que o volume de C fose o dobre do de C’. En 1837 Pierre Laurent Wantzel demostrou que este problema non ten solución.

Palabras veciñas

dúplex | duplexor | dúplica | duplicación | duplicado -da | duplicado -da | duplicador -ra