dúplice

dúplice

(< lat duplĭce)

  1. adx
    1. Que está formado por dúas partes.

    2. [RELIX]

      Aplícase ao mosteiro ou convento cunha comunidade de relixiosos e outra de relixiosas.

  2. adx

    Que finxe.

    Ex: Non te fíes das súas palabras, é de carácter dúplice e nunca sabes cál é a súa idea.