dupondio
dupondio
(< lat dupondiu)
s
m
[NUMIS]
Moeda romana de bronce que equivalía a dous ases. Foron cuñadas durante a República entre finais do s IV a C e comezos do s III a C. No Imperio cuñouse en bronce e latón, cun peso e dimensións similares, ata a época de Traxano.