dura

dura

(< durar)

  1. s f

    Acción de durar.

    Ex: Esta clase de pana é de moita dura, como ves é máis grosa ca esoutra. Todos os vellos da súa familia son de moita dura, non enferman por nada.

    Sinónimos: duración.
  2. s f

    Espacio de tempo que dura algunha cousa.

    Ex: A dura do curso foi de vinte horas. A súa dura na empresa foi pouca, á semana de entrar xa marchou.

    Sinónimos: duración.
  3. s f [LIT]

    Equivalencia ou desaxuste entre o tempo da historia e o tempo do discurso na narrativa. O tempo da historia dedúcese das intervencións do narrador, que sinala o paso das horas, días, meses, anos, etc; mentres que o tempo da trama ou discurso é máis difícil de establecer, posto que depende do tempo de lectura, variable segundo o ritmo de cada lector. Gérard Genette preferiu a denominación de velocidade á de dura para definir o contraste entre a dura da historia, que progresa en unidades temporais convencionais como días ou meses, e a do discurso, que se mide en liñas, parágrafos ou páxinas. Outros narratólogos propuxeron os termos de tempo ou ritmo. O grao cero da dura (ou duración) é a igualdade absoluta entre o tempo da historia e do discurso, denominada isocronía. A narrativa incorporou unha técnica cinematográfica, denominada ralentí, que implica a amplificación do tempo do discurso con respecto ao da historia.