Durrell, Gerald
Naturalista e escritor inglés, irmán de Lawrence Durrell. Organizou importantes expedicións científicas para a captura e preservación de especies naturais. Fundou e dirixiu o zoo de Jersey (1958) e o Jersey Wildlife Preservation Trust (1969), para a protección de especies en extinción. As súas obras tratan, case sempre, sobre aventuras relacionadas coa súa paixón polos animais. Da súa produción cómpre destacar a triloxía formada por My Family and Other Animals (A miña familia e outros animais, 1956), Birds, Beasts and Relatives (Paxaros, bestas e familiares, 1969), The Garden of the Gods (O xardín dos deuses, 1978), Fillets of Plaice (Filetes de acedía, 1971), The Stationary Ark (A arca estacionaria, 1976) e Amateur Naturalist (Naturalista afeccionado, 1982), ademais das súas series televisivas sobre a historia natural, a vida e a etoloxía dos animais.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Jamshedpur -
Deceso
Lugar : Saint Helier, Jersey