Dürrenmatt, Friedrich

Dürrenmatt, Friedrich

Escritor suízo. É un dos autores teatrais máis orixinais da posguerra, preocupado pola renovación do medio. Criticou a sociedade contemporánea e a destrución dos mitos da cultura burguesa e da civilización científica. Ademais escribiu guións para radio, televisión e cine, novelas policiais e ensaios sobre literatura e teatro. Entre a súa extensa produción destaca Der Richter und sein Henker (1950), Romulus der Grosse (Rómulo o Grande, 1950), Die Ehe des Herrn Mississippi (O casamento do señor Mississippi, 1952), Grieche sucht Griechin (Grego busca grega, 1955), Der Besuch der Alten Damen (A visita da vella dama, 1956), Das Versprechen (A promesa, 1958), Frank V. Oper einer Privatbank (Frank V. historia dunha banca privada, 1960) ou Die Physiker (Os físicos, 1962). Tamén hai que salientar as súas adaptacións de textos doutros autores ou os seus radiodramas, entre os que destaca Der Prozess um des Esels Schatten (Proceso pola sombra dun burro, 1951), que foi representado en Galicia. Ademais, en 1985 o grupo Rúa Viva presentou o espectáculo Hércules e o estábulo de Auxias, creado a partir dun texto seu, con dirección de Manuel Vidal. Expuxo as súas ideas sobre o teatro na obra Theaterschriften und Reden (Escritos e discursos sobre teatro, 1966 e 1970).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Berna

  • Deceso

    Lugar : Neuchâtel