Dutra, Eurico Gaspar

Dutra, Eurico Gaspar

Militar e político brasileiro. Foi ministro da Guerra (1936-1945). Accedeu á presidencia da República en 1946 e no seu mandato redactouse unha nova constitución, a cuarta, que foi aprobada en setembro de 1946, pero que conservou a estrutura sindical corporativa e reprimiu as forzas obreiras independentes. No verán de 1947 tivo lugar a Conferencia Internacional para o Mantemento da Paz e a Seguridade de Petrópolis. Unha disposición do tratado estipulaba a defensa recíproca dos asinantes no caso dunha agresión armada directa contra calquera das nacións asinantes do tratado. En outubro de 1947, desatada a Guerra Fría, rachou as relacións coa URSS e, poucos meses despois, ilegalizou o Partido Comunista e expulsou os comunistas que ocupaban escanos no Parlamento (1948).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cuiabá

  • Deceso

    Lugar : Rio de Janeiro