Dzialyń’ski

Dzialyń’ski

Liñaxe condal polaca. Entre os seus membros destacan Ignacy Dzialy ń ’ski (1754-1797), que tomou parte nas loitas de Tadensz Kościuszko e foi líder da insurrección de 1794. Titus Dzialy ń ’ski (1795-1861) participou na revolta de 1830 e foi deputado do Parlamento alemán (1859) e fundador da Sociedade dos Amigos das Ciencias. O seu fillo Jan Dzialy ń ’ski (1832-1880), derradeiro membro da familia, en 1862 foi deputado do Parlamento de Prusia e participou na insurrección de 1863 como xefe do partido aristocrático da Polonia prusiana.