Earth Resources Technology Satellites
Earth Resources Technology Satellites
Nome científico:
[ERTS]
[COSMON]
Serie de satélites ópticos lanzados pola NASA; o primeiro, o 23 de xullo de 1972. Seguen unha órbita ao redor da Terra e toman fotografías de zonas determinadas da súa superficie, que permiten observar os cambios experimentados. Fan un percorrido que completa 14 órbitas diarias e sobrevoan a mesma zona cada 18 días. A partir de 1975 os satélites desta serie pasaron a denominarse Landsat.