East Kilbride
East Kilbride
Cidade da rexión de Strathclyde, en Escocia, Reino Unido (70.454 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, na que destacan os sectores téxtil, químico e electrónico. Creouse en 1947 para desconxestionar a aglomeración de Glasgow.