East York

East York

Cidade da provincia de Ontario, Canadá (102.696 h [1991]), que xunto con North York, Toronto, Scarborough e Etobicoke, constitúe a área metropolitana máis extensa de Canadá. Posúe destacados centros de investigación no campo da biotecnoloxía e, xunto con Toronto, é sede de importantes sucursais bancarias.