Eastbourne

Eastbourne

Cidade do condado de East Sussex, en Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do Canal da Mancha, nos contrafortes orientais da serra de Downs (87.000 h [estim 1999]). As bases da súa economía son as actividades relacionadas coa pesca e cunha pequena industria conserveira. Nos últimos anos adquiriu grande importancia o turismo, principalmente nos meses de verán, debido á construción dun balneario.