Eastwood, Clint
Actor e realizador cinematográfico. Especializouse en papeis duros e violentos baixo as ordes de directores como Sergio Leone ou Donald Siegel, como nos filmes Per qualche dollari in più (A morte tiña un prezo, 1965), Il buono, il brutto, il cattivo (O bo, o feo e o malo, 1966) ou Dirty Harry (Harry, o sucio, 1971). Posteriormente, produciu e dirixiu algunhas películas: Play Misty for Me (1971), The Eiger Sanction (1975), Gauntlet (1977), Bronco Billy (1980), Pale Rider (1984), Bird (1988), White Hunter, Black Heart (Cazador branco, Corazón negro, 1990), The Roockie (1990) e o wéstern Unforgiven (Sen perdón, 1992), galardoado con tres Oscar, entre eles o de mellor director. Tamén dirixiu A Perfect World (Un mundo perfecto, 1993), The Bridges of Madison County (As pontes de Madison, 1995), Absolute Power (Poder absoluto, 1996) ou Space Cowboys (2000).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Francisco, California