Ebert, Friedrich

Ebert, Friedrich

Político alemán. Primeiro presidente da República de Weimar (1919-1925). En Bremen converteuse en militante do Sozialdemokratische Partei Deutschlands (SPD), e en 1905 trasladouse a Berlín como secretario do comité central. Deputado do Reichstag, compartiu xunto con Hugo Haase (1913) e con Philipp Scheidemann (1917) o liderado do partido. Iniciada a Primeira Guerra Mundial, opúxose á banda esquerda do partido e a Hasse. Trala caída de Guillerme II, aceptou a dirección do goberno provisional. Sufocou o alzamento espartaquista de xaneiro de 1919 e foi elixido presidente provisional da República pola asemblea constituínte de Weimar a finais de 1922.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Heidelberg

  • Deceso

    Lugar : Berlín