Ebro, delta do

Ebro, delta do
Nome científico: [pop: ribera de Baix]

Depósito sedimentario da costa Mediterránea orixinado polo río Ebro coas súas contribucións aluviais sobre unha plataforma submarina suficientemente extensa. O 75% da superficie está ocupada por cultivos, malia os graves problemas de salinidade que presenta. A súa superficie de 320 km2 representa só o 1% da superficie de Catalunya, non obstante produce máis do 20% dos produtos de horta. O principal cultivo é o arroz, que ocupa a metade da superficie do delta, cunha produción anual de 100.000 toneladas. Tamén é importante a pesca, cun total de 9.000 toneladas de peixe anuais (lagostinos, robalos e douradas). En 1983, a Generalitat de Catalunya decretou a creación do Parc Natural del Delta de l’Ebre.

Palabras veciñas

ebrio -a | Ebro | Ebro, Batalla do | Ebro, delta do | Ebro, depresión do | Ebro, Tratado do | ebulición