ebuliómetro
ebuliómetro
(
s
m
[TECNOL]
Instrumento que permite medir propiedades físicas ou químicas de líquidos, solutos ou disolucións, a partir da observación da desviación sufrida en relación co punto de ebulición estándar, previamente coñecido. Un tipo de ebuliómetro é o aparello de Beckmann, utilizado para determinar o peso molecular dun composto químico. Outros serven para determinar o grao alcohólico do viño, como os baseados nos aparellos de Malligaud e Salleron.