ebuliómetro

ebuliómetro

(

s m [TECNOL]

Instrumento que permite medir propiedades físicas ou químicas de líquidos, solutos ou disolucións, a partir da observación da desviación sufrida en relación co punto de ebulición estándar, previamente coñecido. Un tipo de ebuliómetro é o aparello de Beckmann, utilizado para determinar o peso molecular dun composto químico. Outros serven para determinar o grao alcohólico do viño, como os baseados nos aparellos de Malligaud e Salleron.

Sinónimos

Palabras veciñas

Ebro, Tratado do | ebulición | ebuliometría | ebuliómetro | ebulioscopia | ebulioscopio | eburnación