ebulición

ebulición

(

  1. [FÍS]
    1. s f

      Fenómeno de paso dun líquido a vapor, xeralmente rápido, producido no interior dunha masa líquida coa formación de burbullas de vapor que soben e se desfán na superficie do líquido. Este proceso ten lugar cando a presión de vapor do líquido se iguala coa presión exterior.

      Sinónimos: fervor, fervura.
    2. temperatura/punto de ebulición

      Temperatura na que a tensión máxima de vapor dun líquido é igual á presión externa e, xa que logo, na que se produce a ebulición. Depende directamente da presión á que está sometido o líquido.

  2. s f [FÍS/QUÍM]

    Formación de burbullas de gas no seo dun líquido, por mor do desprendemento de gas disolto no líquido, ou pola formación deste por unha reacción química.

  3. s f

    Estado de axitación de algo ou alguén.

    Ex: Tralo gol do equipo o estadio estaba en ebulición.

    Sinónimos: efervescencia. Antónimos: calma. Confrontacións: exaltación, excitación.