efervescencia

efervescencia

(< lat effervescentĭa)

  1. s f
    1. [FÍS/QUÍM]

      Formación de burbullas gasosas no interior dun líquido que saen á superficie e estoupan sen necesidade de aplicación de calor. Este fenómeno prodúcese polo desprendemento de gas disolto no líquido ou ben pola formación deste por reacción química.

      Confrontacións: ebulición.
    2. [IND]

      Fenómeno que ten lugar na solidificación do aceiro por mor das burbullas de gas, sobre todo de dióxido de carbono, que quedan atrapadas en forma de poros.

  2. s f

    Estado de inquietude ou de grande exaltación ou excitación que presenta unha persoa ou colectividade.

    Ex: A efervescencia do público aumentou cando saíu o cantante.

Palabras veciñas

efeminamento | efeminar | eferente | efervescencia | efervescente | Efesias | efesio -sia