efervescente

efervescente

(

    1. adx

      Que está en efervescencia.

    2. adx e s m

      Aplícase á bebida que contén anhídrido carbónico na súa masa. Este anhídrido carbónico pode ser de orixe natural (augas minerais), procedente dunha fermentación alcohólica (champaña, sidra, etc) ou producido por reacción in situ, en auga potable, da mestura dun ácido orgánico (tartárico, cítrico, etc) e dun sal carbónico (bicarbonato sódico e de litio ou carbonato de magnesio, en xeral).

  1. adx
    1. Que produce efervescencia.

    2. [MED]

      Aplícase ao medicamento que, ao estar en contacto coa auga, produce efervescencia. Prepárase engadíndolle ao medicamento unha mestura de carbonato ácido de sodio e ácido cítrico ou tartárico.

  2. adx

    Que produce ou se encontra nun estado de grande excitación ou exaltación.

    Ex: Unha multitude efervescente saíu á rúa.

Palabras veciñas

efeminar | eferente | efervescencia | efervescente | Efesias | efesio -sia | Éfeso