ebúrneo -a

ebúrneo -a

(< lat eburnĕu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao marfil.

  2. adx

    Que é semellante ao marfil.

    Ex: Era unha moza de ollos claros e dentes ebúrneos.

  3. adx

    Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.

  4. adx

    Natural ou habitante de Costa de Marfil.

    Ex: Era unha moza de ollos claros e dentes ebúrneos.

  5. adx

    Arte desenvolvida en Costa de Marfil. As diversas culturas establecidas no seu territorio desenvolveron unha tradición artística baseada na talla en madeira. Os baulé realizaron figuras esveltas dos seus antepasados, femininas e masculinas, caracterizadas polo seu modelado e a súa pátina. Os senufa do interior realizaron unha estatuaria máis basta e máscaras decorativas que, ás veces, rematan cunha figura de paxaro cun gran peteiro. Os dan produciron máscaras de carácter realista que empregaban nas cerimonias relixiosas e outras cos rostros deformados que representaban os diferentes espíritos.

Palabras veciñas

ebulioscopio | eburnación | eburnense | ebúrneo -a | eburón | ECA | écarté*