eburón
eburón
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo eburón.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo xermánico eburón.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo xermánico que habitaba o N das Galias, entre os ríos Rin e o Mosa. Mantiñan unha relación de clientelismo cos treviros e, dirixidos por Ambiorix, enfrontáronse cos romanos, pero foron derrotados por Xulio César (53-51 a C). Fusionáronse cos auduacti e formaron a Civitas Tungrorum.