Ecevit, Mustafà
Político e xornalista. Estudiou nas universidades de Ancara, Londres e Harvard. Afiliado ao Halkin Demokrasi Partisi (HADEP), de tendencia centro esquerdista, foi tamén o seu secretario xeral (1966-1971) e presidente (1972-1980), e colaborador do seu órgano de prensa, o xornal Ulus. Como primeiro ministro (1973-1974, 1977 e 1978-1979), ordenou a invasión de Chipre en 1974. Tralo golpe de estado militar de 1980, demandou desde a prensa o retorno ás vías democráticas, polo que foi encarcerado en varios períodos entre os anos 1981 e 1982. En 1987 converteuse en presidente do Demokratik Sol Partisi (DSP), que desde as eleccións de 1991 creceu en representación parlamentaria. Tralas eleccións de 1999, foi de novo primeiro ministro, á fronte dun goberno de coalición formado por membros do seu partido, do Anavatan Partisi (ANAP, conservador) e de Milliyetci Hareket Partisi (MPH, ultradereita).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Istambul