Echaide, sistema clasificatorio de

Echaide, sistema clasificatorio de

Sistema clasificatorio de instrumental lítico, desenvolto por M. D. Echaide, que tivo en conta as peculiaridades propias dos bifaces galegos. Baseado nas partes corticais distinguiu catro grupos: pezas con base reservada na súa totalidade, pezas de base parcialmente reservada, pezas con talla total e pezas diversas. Aínda que os avances metodolóxicos fixeron necesaria unha revisión deste sistema, continúa a ser unha referencia no estudo das tipoloxías líticas galegas.

Palabras veciñas

écfrase | ECG | ecgonina | Echaide, sistema clasificatorio de | Echalecu, Blas | Echandi Jiménez, Mario | Echandía, Darío